Tango sen paz

Tango sen pazPor Belén de Caldas

Enamorouse dela mentres sonaba o disco de Marful. O fermoso tango, inundaba o cuarto, e fixo que o desexo medrara nel con máis intensidade, e así, ó unísono co acordeón, fundíronse os tres nun.

Mágoa que fora con este disco ―lamentábase el―, pois saíulle mal o conto, e o seu corazón ferido non soportaba escoitalo.

Xa pasaron máis de dous anos daquela historia, e todo hai que dicilo, xa voltou escoitar o disco con outras mozas, máis cando a solas escoita o tango, a emoción reaparece nos seus ollos en forma bágoas, e síntese coma el un “Tango sen paz”.

 


Panxoliñas de Padrón

As tías do meu pai, Angelita e María,  naceran a finais do século XIX. Como era habitual nesa época, tocoulles ser as solteiras da casa. Eran mulleres virtuosas, adicadas entre outras tarefas o coidado dos seus sobriños. Angelita era mestra e exercera o seu maxisterio, entroutros lugares, en Berdoias e en Freixeiro (no Val do Dubra). María era costureira, e  ía polas casas coas súa singer de manivela, facendo roupa a domicilio.

Atesouraban unha grande sabedoría popular, sabían refráns, contos, expresións hoxendía perdidas, tiñan amplos coñecementos de botánica, e cociñaban moi ben, aínda que, eran tempos de escaseza, e moi a miúdo había pouco que cociñar.

Pero o mellor de todo é que cantaban coma dous anxos, razón pola cal non faltaban nunca a ningunha novena nin a ningún ensaio do coro do convento de Padrón, e aínda que morreron hai anos, é máis! se neste intre viviran terían 140 anos, non sei como?, temos esta gravación dunhas panxoliñas cantadas por elas, con todo o seu amor, para que os seus descendentes nos deleitemos

Con emoción vola poño para que disfrutedes.

Preme eiquí para escoitalas   Panxoliñas de Angelita e María

Compostela 17 Decembro 2010


Tourón

PinzasTourón é o lique na pedra, e o sapo xigante na porta da casa, as pinzas de cores baixo a parra centenaria, e o mar de nubes o alcance das mans.

Unha vaca marela que come as hortensias, e o cans ceibes ladrando por ladrar. As chemineas de domingo botando fume, e a fervenza do Cerves berrando sen cesar.

Tourón é o silencio da noite, e as luces de lonxe das cidades, e a Lúa a traverso dun telescopio, e o tempo que pasa sen reloxio.

Tourón é un estado de ánimo, e ás veces de desánimo, máis sempre é, unha invitación á vida.


Brúxulas

Descalsiña pola Ría

Brúxulas

Por Belén de Caldas

O home que eu quero é aventureiro, regálame unha brúxula pra que non perda o norte, pero eu non teño rumbo, e non me fai falla.

A brúxula do amor, vai no meu bolso…, a cama de Sara apunta cara ó norte, a de Mila cara ó sur, a de Jorge xa verei, cando durma alí…

Eu navego, máis sen brúxula, Cabodeiro está a vista e Vilanova tamén, no este no oeste…, da igual, o chiringuito está aberto, si o sol non foi durmir..

El ten brúxula e mesmo lanterna, aínda que coma min, non ten rumbo.

Ás veces navegamos xuntos, máis el so quere tirarse pola borda, e eu lle digo ¡Tírate!, pero hoxe pensa que é mellor non deixarme soa, e eu penso que non quero que se tire. As nosas brúxulas apuntan na mesma dirección, pero agochánse na tilla da nosa dorna.

A brúxula do amor, vai no meu bolso, a miña cama apunta cara o norte, a súa … xa verei cando durma alí.

 


Cultura Quente

Cando era nena, o acontecemento musical máis importante do pobo, eran as festas de San Roque. Nelas a famosa ELO, (Electro Lantaño Orquestra), Banda Unión de Lantaño, para o resto do mundo, facíanos aburrir os cativos do pobo, mentres esperabamos ansiosos, que a orquestra Os Cunters, nos fixera bailar no fin de festa , coa muiñeira de Chantada.

A verdade é que no concello do lado en Portas, as festas, case sempre eran mellores, traían as mellores orquestras e mesmo un ano, trouxeran a unha orquestra brasileira, que fora a conmoción na bisbarra do Salnés. Aquelas fermosas mulleres, ataviadas coma vedettes, cun ritmo brasileiro que aquí nunca viramos e os tíos impoñentes marcando paquete coas mallas de luces. Menudo espectáculo! canto exotismo! … Todo hai que dicilo, para os meus ollos de cativa, era a primeira vez que vía negros de perto, só os vira nas películas, pois por estes lares, daquela, non era moi habitual, e non me puiden resistir … fun coñecelos e falar con eles.

Hoxe en día semella que está todo visto, pero ás veces levas sorpresas.

Así me vin o outro día no Cultura Quente, despois de alucinar cos The Sonics, aparecen, Kitty, Daisy & Lewis, quedei coa boca aberta, hipnotizada, impresionada, canto talento!,  canto ritmo!, imaxinei que tiñan que ser familia, todos tocaban todos os instrumentos, e o facían moi ben, ninguén era o protagonista e todos o eran, pensei que nas súas festas familiares o pasarían moi ben (ou non),  corrixíndose uns os outros, intercambiando os instrumentos, como facían no directo, e disfrutando, en calquera caso, fiquei abraiada co marabilloso concerto que nos deron.

Lástima que non viñeran todos os veciños, como canda fora dos brasileiros, máis para os que alí estivemos, de eiquí ou de aló, este concerto encheunos de ledicia e felicidade.


Carta de Gaiba a Alfonso

Meu amor canino

Carta de Gaiba a Alfonso

Por Belén de Caldas

Hai un tempo tiven acollido na casa un can de dezasete anos, chamado Gaiba,  mentres viviu comigo, pasamos xuntos unhas cantas aventuras.

O can farto de aturarme, escribiu unha carta desesperada o seu dono. Sinto que a carta sexa en castelán, pero é que o can era Portugués e gostaba moito do español.

Hola A.! :  La vida perruna es dura.

Por la mañana en el primer paseo nos encontramos al Husky capullo, me ataca sin piedad.
Mi querida Belén me deja por ir a currar al IGE.
Me aburro,  y ladro cada vez que suena el ascensor.
Me aburro de nuevo. Bebo un poco y como dos friskies (solo dos que después viene Belén  y hace comida rica, aunque últimamente se pasa con las verduras)

Me aburro, voy a mirar en el trastero!! que bolsa más molona (la que guarda los patines), parece que huele a pies de Belén. Voy a romperla un poquito. Cuatro pedacitos es suficiente, me quedo el más grande. Voy a la esquina de la alfombra, deposito el plástico, y meo encima. UFFFF! que a gusto me quedo. Y supongo que Belén se enterará de mi hazaña con este señuelo. Ja ! me va a matar!!. Que se joda! por dejarme 8 horas solo en casa!

El ascensorr!! son las tres, me levanto corriendo del salón , veo estrellitas!! corro por el pasillo y ahí esta BELÉN. Salto, me revuelco por el suelo, ladro, y acelero hacia la puerta, para salir a disfrutar.
Paseamos… ¡cuántas meadas hay en este barrio! ¡cuántos tesoros encuentro en mi recorrido! ¡es una mina!, muevo el rabo, lo paso bien. Una perrita me huele el culo yo paso, ya no estoy para rollos.

Es fin de semana que horror!!! vamos a ver a los primos de Sayar. Comen mini friskies, ¡La verdad no están mal ! tienen un retrogusto a yogur.

Tucho y Ami, no hacen mas que sobar a Belén. Me pongo del hígado ¡ rrrummm !, a este Tucho le voy a dar yo. Se despista y de repente intento montarlo!!.Me cuesta con mi pata quebrada!. Joder que lata!. Pero está buenorro el tío. Tan masculino

Oigo que Belén dice! Rogelio! saliste del armario ! que disgusto se va a llevar Alfonso cuando se lo cuente!. Se ríen ella y otras 2 pedorras más que están con ella.
Ahora me llaman Roger y dicen que me van a comprar un fular rosa…

El Domingo voy a conocer a los abuelos de Caldas. Belén quería engominarme el pelo, pero me negué. Vaya coñazo!. Quiero volver a mi sofá de Santiago. El fin de semana es matador, todo el puto día sin dormir, aguantando a los primos. Menos mal, que me zampé algún hueso de churrrasco!!!!

En fin pilarín!.

Ladridos desde Compostela


A Gaiteira en PlayBack

Petiscos

A Gaiteira en Playback

Por Belén de Caldas

A gaiteira en playback ama a Vinicius, máis toca a gaita. Tamén adora a canción da costureira, aínda que non sabe enfiar unha agulla, nin afinar a gaita…

Ela, vira uns cantos concertos na Sala Nasa.

Un deles era dos Habeas Corpus, uns mozos, con melenas, faldóns e casaca negra, que saltaban o unísono, o ritmo das cancións, berrando “A las cosas por su nombre” ou “Nos estais obligando a sentir cada vez más odio”

Os The BellRays, coa súa vocalista feminina¡¡¡Canta enerxía transmitía!! ―lembra a gaiteira.

Inesquecible tamén a súa benquerida Terela Gradín, que co seu grupo Tristáns, botándolle unha man a os Chévere, na montaxe de Heroes.

Tamén asistira, a un concerto de Chouteira, aínda que miraba máis para o moreno de diante, ben mirado, todo hai que dicilo!, pois remataran sendo parella varios anos…

Pois alí, nese escenario, onde endexamais se plantexara estar enriba del, presentouse ela cos seus compañeiros das clases de gaita, dous percusionistas convidados para a ocasión, e o repertorio sen sabelo … Pero a gaiteira, ―pensou― Fico no sofá? Ou anoto unha batalliña máis pra lles contar os meus netos?

Así que valente, no medio do palco, tocou o que puido, máis playbackou o que non puido. Sentiu a ledicia do público bailando, os nervios do directo, os erros nas cancións e os acertos tamén. E mesmo degustou o exquisito pintxo folqui (tortilla, empanada), que arrecendía os camerinos.

E os Habeas e os The Bellrays…, que petiscarían?

 


Lazo de amor

Lazo de amor

Por Belén de Caldas

No xardín de Caldas de Reis, ao fondo, nos “Choróns”, temos unha nova árbore. Unha fermosa camelia branca.

A camelia é símbolo de “lazo de amor”,  por este motivo está agora ahí.
Blanca hai pouco que nos deixou, e con esta árbore, seus familiares e amigos quixeron honra-la súa memoria, e fixérono ao seu xeito … como ela cría que debía ser unha despedida a un ser querido.
Así foi como neste recuncho do noso pobo, onde uns meses antes celebrara seu aniversario, e nunha cerimonia moi emotiva, plantouse a camelia branca.

O silencio e o pranto asolagaron “Os Choróns”, que quedaron sen bágoas ante tanta tristura.
Un mechón do seu cabelo e o amor de tódolos asistentes forma parte do sustrato que alimentará de vida esta fermosa árbore, e cando o gris inverno nos oprima, o esplendor da camelia regalaranos aos nosos ollos a beleza do sorriso de Blanca. En realidade así era ela, florecente nas situacións máis adversas.

O noso “lazo de amor” con Blanca será inesquecible.


Ambiguos neghoçios

Ambiguos neghosios

Por Belén de Caldas

Paseando ó carón da miña praia preferida, atopei un cartaz nunha leira que dicía “ SE VENDE”. De súpeto o meu maxín empezou a funcionar, pensei que nesa tiriña de terra podería chantar unha casiña de madeira ou unha roulotte ou unha tenda de campaña… por suposto todo totalmente ilegal,  pero como o resto de veciños teñen os seus alboios… eu tamén apúntome. Xa estou a ver ó meu xardín co chinchorro é a barbacoa ó ladiño da Ría de Arousa, así que collo o móbil e chamo. Reproduzo a conversa:

―Ola! chamaba polo anuncio… (un silencio noutro lado)  – penso que o millor trabuqueime de número…  entón aclaro –  o anuncio di, que se vende unha leira á beira da praia.

―Si –resposta a señora y non di nada máis.

―Podería informarme?

―E que información quere ? (Madre mía que ghanas de façer neghosios ten !! –penso eu―

―Pois dígame os metros que ten, o que piden por ela…

―Resposta― Un ferrado.

―Pero… Canto é un ferrado?

―Pois 900 m2 máis ou menos. (Máis ou menos… cánto será? – me pregunto―)

―É non me podería informar de máis cousas?  (Empezo a de desesperarme porque non di o prezo)

―Ten pozo –asevera―

―Que ben!, xa non hai que carrexar baldes de auga… É ten luz?

―Non, luz non ten.

―Da igual,  Poñemos velas!  ( eu río)

―Ou podes poñer cunchas de vieira con aceite e mecha … ―di ela― ( ela tamén rí)

Sigo sen saber o prezo , e continúo a conversa…

―E alí…? Pódese construír?

―Pois non. Aínda non, pero estamos a esperar que en un ano ou dous, se aprobe un plan no concello e despois vaise poder.

A miña cabeza dime : (Dubido moito que alí se poda construír… máis ben penso que tódolos alboios da zona farannos desaparecer… )

Volvo a preguntar.

―E, non me podería dicir canto pide por ela?

―Pois.., dime ti, canto cres que pode valer?

―Pois non sei –resposto― e que eu …, nunca merquei unha leira e non teño nin idea

―Pero dáste conta ,que nesa zona terá moito valor… pois é un bo lugar

―Si señora, claro que si, supoño que valerá moito. E, podería dicirme canto?

―Pois dábanme 80.000 pero non os quixen,  pido 100.000 Euros.

Quédome xeada e digo:

―Ai… que mágoa ! , si os tivera ¡¡¡¡¡¡ mercáballa!!!.

―Ai… si os tivera eu! xa, non cha vendía― resposta ela.


A regata do Bao

 

Na regata do Bao as dornas están varadas na area de cantos rodados. As súas pezas desmontadas. O pao, a caña e o temón descansan sobre a dorna. As velas, as drisas e os participantes esperan a uns metros de distancia, a que o xuíz dea a orde de saída.

Os que saben, están calados, o teñen claro.

Eu son novata, e aínda estou a repasar coa Sara, o reparto de tarefas. Eu subo primeira levando a vela e as drisas, amuro a vela, enfío a ostagha no pao e amarroa ás drisas, e ti namentres empuxas a dorna sobes e colocas o temón e a caña.

Feito isto, entre as dúas colocamos o pao. Despois envergho eu, todo hai que dicilo que o nó do oito é a miña especialidade, e coloco os arrocamentos. E alá imos. Coa Sara de patrona e eu de proel.

É levas o plano da regata? Que tontería ! acordarme disto, se total non imos ir de primeiras ( a verdade é que ás veces son optimista)…

Á planificación é excelente. Á realidade e outra. O xuíz baixa o banderín, e óese a bugina. Como posuídos pólo demo os dorneiros corren cara as súas dornas. Polo de agora todo vai mais ou menos a pesares que estamos rodeadas de dornas, os da Doa xa chocaron cós da Jatiña. Os da Zenaida discuten entre eles. Nos imos ben, a vela esta amurada, o pao colocado en candela, pero temos problemas co temón, de repente racha o fiel e quedamos empantanadas – eu non quería abandonar, porque era a miña ilusión participar, pero sen fiel e imposible meter o temón Vemos, como case todos xa partiron , pero eu non me dou por vencida e seguimos tentando arranxar o noso. De repente un amable bañista, axúdanos dende fóra da dorna, e entre os dous conseguimos encaixa-lo temón, despois driso, a vela elévase, axudo a casar a escota, e a patrona pon rumbo cara A Ponte.

Ir entre os últimos ten as súas vantaxes, o espectáculo e marabilloso, unhas corenta dornas, coas súas velas de cores desfilando baixo da Ponte da Illa rumbo a Lavanqueira, semella unha serpe reptando pola ría de Arousa. A Bazarra vai de primeira, competindo coa Noelia que lle sigue de preto, os da Pelijata tampouco quedan atrás…

Os madrileños ca Pedra Madruga van por libre, e deciden esperarnos, cambiamos o rumbo, cara o Bohido e alí veñen, viramos outra vez cara o Carreirón, e alí están detrás. Pareceume oír que un, lle dicía o outro. ¡Siga a esa Dorna!.

Chegando a Lavanqueira atopámonos, cos primeiros, que xa están a dar a súa segunda volta. Que depresión !. Nos imos aínda na primeira.

Volvemos cara A Ponte. Agora levantouse ventiño fresco, e inda por riba unha lancha a motor a toda pastilla, pásanos pólo lado xusto debaixo da Ponte, cando estamos a sacar a vara de portar, e case envorcamos. Somentes foi un susto…

Dirixímonos ó Cabodeiro , a derradeira boia do circuíto , un vento norte forte fainos bulinar e inclínase a dorna , de súpeto, hai que facer banda para equilibrar, e A Sara empeza a coller medo.

―Paramos é collemos rises?

― Eu respondo―. Aguanta un pouquiño, que xa non queda nada… ¡Que valor teño as veces! (a verdade que eu estaba esgotada,  facendo banda e turrando da escota, pero o esforzo pagou a pena). O final conseguímolo e chegamos. Inda que só fixemos o circuíto unha vez.

A entrega de trofeos é xenial, por suposto os catro primeiros teñen premio.

Para todo o mundo hai a lo menos una camiseta de agasallo, máis na sección de premios especiais , sempre hai sorpresas, por exemplo, Á dorna coa tripulación máis xoven déronlle un premio, e así … e como me vin recollendo o trofeo da Carminha por ser a única dorna con tripulación enteiramente feminina.

Que cousa! un trofeo por ser muller. Está ben que mo lembren porque ás veces son un pouco macholo.