Ambiguos neghosios
Por Belén de Caldas
Paseando ó carón da miña praia preferida, atopei un cartaz nunha leira que dicía “ SE VENDE”. De súpeto o meu maxín empezou a funcionar, pensei que nesa tiriña de terra podería chantar unha casiña de madeira ou unha roulotte ou unha tenda de campaña… por suposto todo totalmente ilegal, pero como o resto de veciños teñen os seus alboios… eu tamén apúntome. Xa estou a ver ó meu xardín co chinchorro é a barbacoa ó ladiño da Ría de Arousa, así que collo o móbil e chamo. Reproduzo a conversa:
―Ola! chamaba polo anuncio… (un silencio noutro lado) – penso que o millor trabuqueime de número… entón aclaro – o anuncio di, que se vende unha leira á beira da praia.
―Si –resposta a señora y non di nada máis.
―Podería informarme?
―E que información quere ? (Madre mía que ghanas de façer neghosios ten !! –penso eu―
―Pois dígame os metros que ten, o que piden por ela…
―Resposta― Un ferrado.
―Pero… Canto é un ferrado?
―Pois 900 m2 máis ou menos. (Máis ou menos… cánto será? – me pregunto―)
―É non me podería informar de máis cousas? (Empezo a de desesperarme porque non di o prezo)
―Ten pozo –asevera―
―Que ben!, xa non hai que carrexar baldes de auga… É ten luz?
―Non, luz non ten.
―Da igual, Poñemos velas! ( eu río)
―Ou podes poñer cunchas de vieira con aceite e mecha … ―di ela― ( ela tamén rí)
Sigo sen saber o prezo , e continúo a conversa…
―E alí…? Pódese construír?
―Pois non. Aínda non, pero estamos a esperar que en un ano ou dous, se aprobe un plan no concello e despois vaise poder.
A miña cabeza dime : (Dubido moito que alí se poda construír… máis ben penso que tódolos alboios da zona farannos desaparecer… )
Volvo a preguntar.
―E, non me podería dicir canto pide por ela?
―Pois.., dime ti, canto cres que pode valer?
―Pois non sei –resposto― e que eu …, nunca merquei unha leira e non teño nin idea
―Pero dáste conta ,que nesa zona terá moito valor… pois é un bo lugar
―Si señora, claro que si, supoño que valerá moito. E, podería dicirme canto?
―Pois dábanme 80.000 pero non os quixen, pido 100.000 Euros.
Quédome xeada e digo:
―Ai… que mágoa ! , si os tivera ¡¡¡¡¡¡ mercáballa!!!.
―Ai… si os tivera eu! xa, non cha vendía― resposta ela.