Cultura Quente

Cando era nena, o acontecemento musical máis importante do pobo, eran as festas de San Roque. Nelas a famosa ELO, (Electro Lantaño Orquestra), Banda Unión de Lantaño, para o resto do mundo, facíanos aburrir os cativos do pobo, mentres esperabamos ansiosos, que a orquestra Os Cunters, nos fixera bailar no fin de festa , coa muiñeira de Chantada.

A verdade é que no concello do lado en Portas, as festas, case sempre eran mellores, traían as mellores orquestras e mesmo un ano, trouxeran a unha orquestra brasileira, que fora a conmoción na bisbarra do Salnés. Aquelas fermosas mulleres, ataviadas coma vedettes, cun ritmo brasileiro que aquí nunca viramos e os tíos impoñentes marcando paquete coas mallas de luces. Menudo espectáculo! canto exotismo! … Todo hai que dicilo, para os meus ollos de cativa, era a primeira vez que vía negros de perto, só os vira nas películas, pois por estes lares, daquela, non era moi habitual, e non me puiden resistir … fun coñecelos e falar con eles.

Hoxe en día semella que está todo visto, pero ás veces levas sorpresas.

Así me vin o outro día no Cultura Quente, despois de alucinar cos The Sonics, aparecen, Kitty, Daisy & Lewis, quedei coa boca aberta, hipnotizada, impresionada, canto talento!,  canto ritmo!, imaxinei que tiñan que ser familia, todos tocaban todos os instrumentos, e o facían moi ben, ninguén era o protagonista e todos o eran, pensei que nas súas festas familiares o pasarían moi ben (ou non),  corrixíndose uns os outros, intercambiando os instrumentos, como facían no directo, e disfrutando, en calquera caso, fiquei abraiada co marabilloso concerto que nos deron.

Lástima que non viñeran todos os veciños, como canda fora dos brasileiros, máis para os que alí estivemos, de eiquí ou de aló, este concerto encheunos de ledicia e felicidade.


3 responses to “Cultura Quente

  • elena

    O Venres pola noite chego a Caldas, sempre a destempo.
    bicos

  • Lucía Casal

    Corroboro a túa opinión. De feito ó sair merquei un CD deles e llos fun presentar a Sergio no seu bar de Moraña. E de novo foi un pracer escoitalos mentres saboreaba o meu cubalibre, ainda que prefiro o directo. Agora van ser a miña banda sonora por uns tempos cando vaia conducindo.

  • pepe penabade

    Mola cando vas a un concerto e te levas estas sorpresas, a min faltoume pouco para ir pero ao final perdinmo… o sábado no Festigal tamén vivimos un concerto de felicidade cos portugueses ORQUESTRADA, recoméndovolos
    son diferentes, xeníais, podedes ver algún video en you tube.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: