Arquivo por etiquetas: Amor

Tango sen paz

Tango sen pazPor Belén de Caldas

Enamorouse dela mentres sonaba o disco de Marful. O fermoso tango, inundaba o cuarto, e fixo que o desexo medrara nel con máis intensidade, e así, ó unísono co acordeón, fundíronse os tres nun.

Mágoa que fora con este disco ―lamentábase el―, pois saíulle mal o conto, e o seu corazón ferido non soportaba escoitalo.

Xa pasaron máis de dous anos daquela historia, e todo hai que dicilo, xa voltou escoitar o disco con outras mozas, máis cando a solas escoita o tango, a emoción reaparece nos seus ollos en forma bágoas, e síntese coma el un “Tango sen paz”.

 


Lazo de amor

Lazo de amor

Por Belén de Caldas

No xardín de Caldas de Reis, ao fondo, nos “Choróns”, temos unha nova árbore. Unha fermosa camelia branca.

A camelia é símbolo de “lazo de amor”,  por este motivo está agora ahí.
Blanca hai pouco que nos deixou, e con esta árbore, seus familiares e amigos quixeron honra-la súa memoria, e fixérono ao seu xeito … como ela cría que debía ser unha despedida a un ser querido.
Así foi como neste recuncho do noso pobo, onde uns meses antes celebrara seu aniversario, e nunha cerimonia moi emotiva, plantouse a camelia branca.

O silencio e o pranto asolagaron “Os Choróns”, que quedaron sen bágoas ante tanta tristura.
Un mechón do seu cabelo e o amor de tódolos asistentes forma parte do sustrato que alimentará de vida esta fermosa árbore, e cando o gris inverno nos oprima, o esplendor da camelia regalaranos aos nosos ollos a beleza do sorriso de Blanca. En realidade así era ela, florecente nas situacións máis adversas.

O noso “lazo de amor” con Blanca será inesquecible.