Arquivos mensuais: Xuño 2011

PulpoPop

Por Belén de Caldas

Ó carón do PulpoPop pasa o Río Sil, que enmudece ante o estrondo musical, máis convértese en luz reflectida do Sol e da Lúa, para lembrarnos que sigue ahí.

A herba ben cortadiña é o descanso daquel que saíu de currar,  e senta alí pra se deleitar. Seica… é autónomo e gana moito diñeiro, mesmo ten un piso.! Pero a música gústalle igual.

Namentres, a señora da limpeza, vixía con agarimo, que ningunha cabicha estrague o tapiz vexetal, e cun amable sorriso desempeña o seu traballo… Claro se pecharan as xanelas usarían os cinseiros… pero! vai moita calor…

Os Vips teñen moita sede, xa apuntaramos que vai moita calor, e convídanse uns a outros… É barra libre!

A todos, en xeral(nenos, maiores, vips ou non…) gústalles o Pulpo, por iso, as dúas, na cola da pulpeira de Carballiño, a familia está ó completo, nembargantes … no Pop … só os máis xóvenes moven os raxos… No PulpoPop haiche moito pulpo á feira!

O cantante reflexiona mentres non chega o seu momento…

―Pulpo ou Pop? That is the question.

 

Advertisements