Arquivos mensuais: Xullo 2014

A Senda de Catoira

58_SendaDeCatoira_800_600

Ameneiro, freixo, salgueiro,
ameneiro, freixo, salgueiro,
salgueiro, freixo, ameneiro,
OHH sanguiño, non “ritma” pero tamén está ahí.
(Ao fin a música regresou a miña testa – pensa).

– Este cal é?
– Ameneiro.
– E este?
– Salgueiro.
– E este?
– Salgueiro.
– Non trabúcaste! é freixo.
– É igual! as cousas que non se utilizan esquécense – di.

Braña, braña, braña,
braña, braña , braña,
braña, xesta, braña,
auga doce auga salgada.

Insua de ratos, insua de Bexo
concellos divididos…
E vexo Bexo,
e tamén vexo
Vacariza (con V de vaca-cións )
O mar vello o río novo,
e o río “bello”…
provincias divididas…

Dúas torres senteito,
baixo a ponte,
refúxianse do frío
e as algas do mar
toman baños de sol,
á beira do río.

Cara Pontevedra,
o drakar bornea,
e a moto voando
por Coruña o rodea.
Nas telleiras do Vilar,
pas possible!! non fisgar.

Ameneiro, freixo, salgueiro,
ameneiro, freixo, salgueiro,
salgueiro, freixo, sabugueiro,
NON! sabugueiro non!, deses non hai eiquí.