Arquivos mensuais: Xullo 2011

O traxe de noiva

Enaguas

O traxe de noiva galega, é un traxe único.

Primeiramente, a Costureiriña, que xa é maior, tivo que se desprazar a Pontevedra, e visitar unha tenda que ten 107 anos, onde a súa aboa xa mercaba nela. A tenda ten un longo mostrador de madeira perfectamente encerado, rodeado de estantes cheos de tecidos de cores.

Alí a Costureiriña, maila futura noiva e a súa nai-irmán, elixen con agarimo as mellores teas…, pano negro da mellor calidade para o mantelo, veludo elegante para o dengue, liño exipcio para a fermosa camisa, guipur branco para a cofia, damasco verde para a saia, por suposto! a xogo coa gaita. Esquecinme de contar que a noiva é un pouco gaiteira!.

Tamén tivo que ir a Cambados, onde hai unha mercería excelente, podes atopar nela, unhas fermosas pasamanerías confeccionadas por unha avezada veciña de A Modia. Nesta ocasión a Carmiña, elixe uns adornos que semellan racimos moi apropiados co espírito da noiva. Despois as puntillas de Camariñas en branco roto, (no tempo da aboa eran crúas)… co entredós a xogo, converterán as enaguas nunha obra de arte, sen menosprezar as puntillas brancas que engalanarán a camisa…

O traxe de noiva xa está no ar, e leva a música incorporada, sona como A Alborada de Corcubión.

 

Advertisements