As tías do meu pai, Angelita e María, naceran a finais do século XIX. Como era habitual nesa época, tocoulles ser as solteiras da casa. Eran mulleres virtuosas, adicadas entre outras tarefas o coidado dos seus sobriños. Angelita era mestra e exercera o seu maxisterio, entroutros lugares, en Berdoias e en Freixeiro (no Val do Dubra). María era costureira, e ía polas casas coas súa singer de manivela, facendo roupa a domicilio.
Atesouraban unha grande sabedoría popular, sabían refráns, contos, expresións hoxendía perdidas, tiñan amplos coñecementos de botánica, e cociñaban moi ben, aínda que, eran tempos de escaseza, e moi a miúdo había pouco que cociñar.
Pero o mellor de todo é que cantaban coma dous anxos, razón pola cal non faltaban nunca a ningunha novena nin a ningún ensaio do coro do convento de Padrón, e aínda que morreron hai anos, é máis! se neste intre viviran terían 140 anos, non sei como?, temos esta gravación dunhas panxoliñas cantadas por elas, con todo o seu amor, para que os seus descendentes nos deleitemos
Con emoción vola poño para que disfrutedes.
Preme eiquí para escoitalas Panxoliñas de Angelita e María
Compostela 17 Decembro 2010
23 Decembro 2010 at 8:38 am
Sí, la verdad es que Angelita y María cantaban como los ángeles. Qué bueno que conserves esa grabación!!
Feliz Navidad.
Besos.
23 Decembro 2010 at 6:32 pm
Veño de enterarme que a grabación a fixo a miña prima Rosa.
Un bico pra Ela
23 Decembro 2010 at 9:34 pm
Grazas por este ratiño. Bo Nadal e moitos bicos.
31 Decembro 2010 at 6:37 pm
Emocionoume moitísimo escoitar as nosas tias, eu estaba alí cando meu pai fixo esta grabación. Felices festas a todos e un bico enorme para ti Belén.