Arquivos mensuais: Xaneiro 2010

A regata do Bao

 

Na regata do Bao as dornas están varadas na area de cantos rodados. As súas pezas desmontadas. O pao, a caña e o temón descansan sobre a dorna. As velas, as drisas e os participantes esperan a uns metros de distancia, a que o xuíz dea a orde de saída.

Os que saben, están calados, o teñen claro.

Eu son novata, e aínda estou a repasar coa Sara, o reparto de tarefas. Eu subo primeira levando a vela e as drisas, amuro a vela, enfío a ostagha no pao e amarroa ás drisas, e ti namentres empuxas a dorna sobes e colocas o temón e a caña.

Feito isto, entre as dúas colocamos o pao. Despois envergho eu, todo hai que dicilo que o nó do oito é a miña especialidade, e coloco os arrocamentos. E alá imos. Coa Sara de patrona e eu de proel.

É levas o plano da regata? Que tontería ! acordarme disto, se total non imos ir de primeiras ( a verdade é que ás veces son optimista)…

Á planificación é excelente. Á realidade e outra. O xuíz baixa o banderín, e óese a bugina. Como posuídos pólo demo os dorneiros corren cara as súas dornas. Polo de agora todo vai mais ou menos a pesares que estamos rodeadas de dornas, os da Doa xa chocaron cós da Jatiña. Os da Zenaida discuten entre eles. Nos imos ben, a vela esta amurada, o pao colocado en candela, pero temos problemas co temón, de repente racha o fiel e quedamos empantanadas – eu non quería abandonar, porque era a miña ilusión participar, pero sen fiel e imposible meter o temón Vemos, como case todos xa partiron , pero eu non me dou por vencida e seguimos tentando arranxar o noso. De repente un amable bañista, axúdanos dende fóra da dorna, e entre os dous conseguimos encaixa-lo temón, despois driso, a vela elévase, axudo a casar a escota, e a patrona pon rumbo cara A Ponte.

Ir entre os últimos ten as súas vantaxes, o espectáculo e marabilloso, unhas corenta dornas, coas súas velas de cores desfilando baixo da Ponte da Illa rumbo a Lavanqueira, semella unha serpe reptando pola ría de Arousa. A Bazarra vai de primeira, competindo coa Noelia que lle sigue de preto, os da Pelijata tampouco quedan atrás…

Os madrileños ca Pedra Madruga van por libre, e deciden esperarnos, cambiamos o rumbo, cara o Bohido e alí veñen, viramos outra vez cara o Carreirón, e alí están detrás. Pareceume oír que un, lle dicía o outro. ¡Siga a esa Dorna!.

Chegando a Lavanqueira atopámonos, cos primeiros, que xa están a dar a súa segunda volta. Que depresión !. Nos imos aínda na primeira.

Volvemos cara A Ponte. Agora levantouse ventiño fresco, e inda por riba unha lancha a motor a toda pastilla, pásanos pólo lado xusto debaixo da Ponte, cando estamos a sacar a vara de portar, e case envorcamos. Somentes foi un susto…

Dirixímonos ó Cabodeiro , a derradeira boia do circuíto , un vento norte forte fainos bulinar e inclínase a dorna , de súpeto, hai que facer banda para equilibrar, e A Sara empeza a coller medo.

―Paramos é collemos rises?

― Eu respondo―. Aguanta un pouquiño, que xa non queda nada… ¡Que valor teño as veces! (a verdade que eu estaba esgotada,  facendo banda e turrando da escota, pero o esforzo pagou a pena). O final conseguímolo e chegamos. Inda que só fixemos o circuíto unha vez.

A entrega de trofeos é xenial, por suposto os catro primeiros teñen premio.

Para todo o mundo hai a lo menos una camiseta de agasallo, máis na sección de premios especiais , sempre hai sorpresas, por exemplo, Á dorna coa tripulación máis xoven déronlle un premio, e así … e como me vin recollendo o trofeo da Carminha por ser a única dorna con tripulación enteiramente feminina.

Que cousa! un trofeo por ser muller. Está ben que mo lembren porque ás veces son un pouco macholo.


Hello world!

Iníciome no apaixoante mundo do blog!. Preparádevos para bostezar ou non.