A Gaiteira en Playback
Por Belén de Caldas
A gaiteira en playback ama a Vinicius, máis toca a gaita. Tamén adora a canción da costureira, aínda que non sabe enfiar unha agulla, nin afinar a gaita…
Ela, vira uns cantos concertos na Sala Nasa.
Un deles era dos Habeas Corpus, uns mozos, con melenas, faldóns e casaca negra, que saltaban o unísono, o ritmo das cancións, berrando “A las cosas por su nombre” ou “Nos estais obligando a sentir cada vez más odio”
Os The BellRays, coa súa vocalista feminina¡¡¡Canta enerxía transmitía!! ―lembra a gaiteira.
Inesquecible tamén a súa benquerida Terela Gradín, que co seu grupo Tristáns, botándolle unha man a os Chévere, na montaxe de Heroes.
Tamén asistira, a un concerto de Chouteira, aínda que miraba máis para o moreno de diante, ben mirado, todo hai que dicilo!, pois remataran sendo parella varios anos…
Pois alí, nese escenario, onde endexamais se plantexara estar enriba del, presentouse ela cos seus compañeiros das clases de gaita, dous percusionistas convidados para a ocasión, e o repertorio sen sabelo … Pero a gaiteira, ―pensou― Fico no sofá? Ou anoto unha batalliña máis pra lles contar os meus netos?
Así que valente, no medio do palco, tocou o que puido, máis playbackou o que non puido. Sentiu a ledicia do público bailando, os nervios do directo, os erros nas cancións e os acertos tamén. E mesmo degustou o exquisito pintxo folqui (tortilla, empanada), que arrecendía os camerinos.
E os Habeas e os The Bellrays…, que petiscarían?