A Gaiteira en PlayBack

Petiscos

A Gaiteira en Playback

Por Belén de Caldas

A gaiteira en playback ama a Vinicius, máis toca a gaita. Tamén adora a canción da costureira, aínda que non sabe enfiar unha agulla, nin afinar a gaita…

Ela, vira uns cantos concertos na Sala Nasa.

Un deles era dos Habeas Corpus, uns mozos, con melenas, faldóns e casaca negra, que saltaban o unísono, o ritmo das cancións, berrando “A las cosas por su nombre” ou “Nos estais obligando a sentir cada vez más odio”

Os The BellRays, coa súa vocalista feminina¡¡¡Canta enerxía transmitía!! ―lembra a gaiteira.

Inesquecible tamén a súa benquerida Terela Gradín, que co seu grupo Tristáns, botándolle unha man a os Chévere, na montaxe de Heroes.

Tamén asistira, a un concerto de Chouteira, aínda que miraba máis para o moreno de diante, ben mirado, todo hai que dicilo!, pois remataran sendo parella varios anos…

Pois alí, nese escenario, onde endexamais se plantexara estar enriba del, presentouse ela cos seus compañeiros das clases de gaita, dous percusionistas convidados para a ocasión, e o repertorio sen sabelo … Pero a gaiteira, ―pensou― Fico no sofá? Ou anoto unha batalliña máis pra lles contar os meus netos?

Así que valente, no medio do palco, tocou o que puido, máis playbackou o que non puido. Sentiu a ledicia do público bailando, os nervios do directo, os erros nas cancións e os acertos tamén. E mesmo degustou o exquisito pintxo folqui (tortilla, empanada), que arrecendía os camerinos.

E os Habeas e os The Bellrays…, que petiscarían?

 


5 responses to “A Gaiteira en PlayBack

  • luz

    a miña gaiteriña preferida!!!

  • elena de caldas

    Esta gaiteira promete!!!!!!!! gustalle o escenario ,ten talento e vai achegar os millores petiscos do mundo a musica.
    un bico

  • Ana

    Esta moza que lle da a todo, da gusto. Non esquezas que nos meus tempos mozos eu sacudia os zocos a ritmo de gaita, podemos facer un “pasacalles” e xuntar algo de cartos.
    Bicos

  • rocio

    Sí, es cierto que esta gaitera promete, sobre todo, teniendo en cuenta las fuentes de las que bebe y de las que papea. Ha nacido la gaitera anarquista.

  • Alberto+Gema

    Hey, ghaiteira! Miña nai era mulata e o meu pai un sachador, meu avó un tipo bravo dos din revolucióoooon!….O más bien eso nos hubiera gustado. En todo caso, nos conformamos con leerte de vez en cuando y te animamos a que sigas escribiendo (que lo tienes un poco abandonau) y no lo haces nada mal. Bikos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: