Tourón é o lique na pedra, e o sapo xigante na porta da casa, as pinzas de cores baixo a parra centenaria, e o mar de nubes o alcance das mans.
Unha vaca marela que come as hortensias, e o cans ceibes ladrando por ladrar. As chemineas de domingo botando fume, e a fervenza do Cerves berrando sen cesar.
Tourón é o silencio da noite, e as luces de lonxe das cidades, e a Lúa a traverso dun telescopio, e o tempo que pasa sen reloxio.
Tourón é un estado de ánimo, e ás veces de desánimo, máis sempre é, unha invitación á vida.
9 Decembro 2010 at 12:28 pm
Ola, gustame moito este novo deseño do teu blog.
Bicos
9 Decembro 2010 at 12:56 pm
Tenemos que recuperar esa suerte de paraísos, tanto exteriores como interiores, aunque el paraíso interior contigo y con historias como ésta yo lo tengo al alcance de las manos, como el mar de nubes de Tourón. Me ha gustado mucho esta frase. Gracias por todo lo que me toca,evoca y provoca.
17 Xaneiro 2011 at 11:27 pm
Da gana de ir alá.
Cando pase por cerca, Tourón será algo máis ca un nome.