Casa Marcelo

En Casa Marcelo, pelan os chícharos, pero non de calquera xeito, senón conservando as súas metades unidas. As patacas gracias a un artiluxio xaponés convértense en láminas de medio metro e os tomates son vítimas dun shock térmico, (técnica noutrora descoñecida polos Apaches), pra arrincarlle a pel a tiras sen estragar nadiña.

O piano é un instrumento, acariñado polas relucentes potas de cobre, e a melodía e somentes un “dolcisimo” chup chup .

O arroz non é arroz, é risotto, en non é S.O.S., senón Carnaroli… mamma mía! sona ben!. E mesmo e de cor verde, e non é alieníxena!, e as salsas son emulsións, e as emulsións saben a salsa… E o perexil fritido é unha obra de arte de difícil execución, pero de fermoso resultado.

Paco Jet non é un grupo de rumba catalana, aínda que os xeados bailan o seu ritmo, ficando nunha mousse fría despois de tanta festa.

As sardiñas moi coquetas elas, antes do servizo, pasan pola depiladora, e fanlles todo: media perna, axilas e inguas mesmo o bigote… cunha pinza sácanlles unha a unha todas as espiñas. Ultimamente estaban a maquinar en facerlles a eléctrica, máis abranda demasiado os tecidos.

Codium, coprinus e mastocarpus repasan latín nos anacos libres e cando lles chega a súa hora vólvense exquisitos!

Os espárragos viaxan en avión privado pra chegar ben fresquiños a súa representación. Mentres a vaca, que é galega e rubia, (máis non de bote), repousa macerada entre bagas de xenebreiro dos Highlands escoceses.

Ó comezo da función, os palitos de cebola… enganchan o comensal, e como remate as milfollas de vainilla son o mellor agasallo de cumpleanos que me poida imaxinar .

Casa Marcelo fantasía ou realidade? En calquera caso perfección… todo é o que parece, inda que non o sexa!.

 


4 responses to “Casa Marcelo”

  • Avatar de luz luz

    é xenial… Belén!! “codium, coprinus e mastocarpus..” mira que son listas estas algas!!.. que estudan latín nos seus ratos libres.Porfa..segue deleitándonos cos teus relatos.. muak bonita!

  • Avatar de Descoñecido rocío

    Muy buena la descripción de la casa dermoestética de los alimentos. Hay que sugerir a Marcelo la depilación láser integral para las sardinas. Veo que el cerdo es el gran ausente de casa Marcelo le estarán haciendo una reducción de abdomen, liposucción y un lifting.

  • Avatar de Belén de Caldas Belén de Caldas

    Co porco non coincidín cando estiven por alí, foi en primavera, estaría recluido no Talaso Atlántico, inmerso na operación bikini, como apuntas ti…

  • Avatar de Juan Juan

    … e, dónde está?. Cal e o enderezo.

Deixar unha resposta