En Casa Marcelo, pelan os chícharos, pero non de calquera xeito, senón conservando as súas metades unidas. As patacas gracias a un artiluxio xaponés convértense en láminas de medio metro e os tomates son vítimas dun shock térmico, (técnica noutrora descoñecida polos Apaches), pra arrincarlle a pel a tiras sen estragar nadiña.
O piano é un instrumento, acariñado polas relucentes potas de cobre, e a melodía e somentes un “dolcisimo” chup chup .
O arroz non é arroz, é risotto, en non é S.O.S., senón Carnaroli… mamma mía! sona ben!. E mesmo e de cor verde, e non é alieníxena!, e as salsas son emulsións, e as emulsións saben a salsa… E o perexil fritido é unha obra de arte de difícil execución, pero de fermoso resultado.
Paco Jet non é un grupo de rumba catalana, aínda que os xeados bailan o seu ritmo, ficando nunha mousse fría despois de tanta festa.
As sardiñas moi coquetas elas, antes do servizo, pasan pola depiladora, e fanlles todo: media perna, axilas e inguas mesmo o bigote… cunha pinza sácanlles unha a unha todas as espiñas. Ultimamente estaban a maquinar en facerlles a eléctrica, máis abranda demasiado os tecidos.
Codium, coprinus e mastocarpus repasan latín nos anacos libres e cando lles chega a súa hora vólvense exquisitos!
Os espárragos viaxan en avión privado pra chegar ben fresquiños a súa representación. Mentres a vaca, que é galega e rubia, (máis non de bote), repousa macerada entre bagas de xenebreiro dos Highlands escoceses.
Ó comezo da función, os palitos de cebola… enganchan o comensal, e como remate as milfollas de vainilla son o mellor agasallo de cumpleanos que me poida imaxinar .
Casa Marcelo fantasía ou realidade? En calquera caso perfección… todo é o que parece, inda que non o sexa!.