Ortelinda é unha dorna pelirroxa e ten pencas, por iso ten que levar unha pamela, cando está varada na praia, a súa pamela, é un toldo verde, mercado na ferretería de Pontecesures.
As dornas levan nomes de muller (a maioría), e ista, leva o nome da miña aboa materna. Ela tamén usaba un sombreiro de palla, cando camiñaba á beira do mar, pois tiña a pel moi branquiña, e senón enchíase de pencas. Todo hai que dicilo, estes paseos placenteiros, foron xa de maior, momento no que tivo algo de paz e tranquilidade, pois a súa vida foi moi dura e a súa infancia peor.
Por aciagas circunstancias da vida, tivo que emigrar a Galicia e traballar dende nena. Coñeceu eiquí o seu home José, tamén portugués coma ela, e tamén emigrado, el por motivos políticos, pois desertara do exército de Salazar, e tiña prohibida a volta o seu país. Casaron e tiveron tres fillos, máis enviuvou moi nova, e ela soa tivo que sacar adiante a toda a familia, e como o fixo? Peneirando trigo do país, e facendo fermosos moletes de estraperlo!
Cando pensaba nun nome para poñerlle á miña dorna, deseguida lembreime de Ortelinda, e gustoume a idea de que finalmente atopara un repouso ben merecido, peneirando as augas da Ría deixando fermosos ronseis.
A Ortelindiña navega pola Arousa!
17 Xuño 2012 at 1:48 pm
Fermoso nome… ¿Sairá pronto a navegar?… Espero saudala si a vexo percorre-la ría este verán. …
17 Xuño 2012 at 3:56 pm
Belida Ortelinda ! Noraboa !
17 Xuño 2012 at 5:54 pm
Moi lindo Pelen, de seguro encataríalle á túa aboa.
17 Xuño 2012 at 6:26 pm
estas historias son o vivo retrato da xente humilde, sen medios e sen vicios conservaron a súa identidade e o seuamor a terra. Non perdas ti tamen Belen o pensar que levas dentro de ti.
17 Xuño 2012 at 8:44 pm
Sigue escribindo Belén. Gústanme as túas historias. Maricarmen
17 Xuño 2012 at 9:53 pm
Que lindo escribes, Belén! Estou desexando ver navegar a Ortelinda de novo… bicos!
18 Xuño 2012 at 6:34 am
Querida Belen estás dotada para la escritura pero realmente eres una poeta en potencia!!
18 Xuño 2012 at 6:35 am
Muchas gracias por relarnos estos escritos tan bellos como tu.
BESOS
18 Xuño 2012 at 10:49 pm
Simplemente…impresionante
22 Xuño 2012 at 8:37 am
Un nome con moita forza..e agora a surcar as augas de Arousa..boa travesía ruliña. Moi lindo o relato. luz
24 Xuño 2012 at 9:06 pm
hola amiguiña que bonito escribes e que maneira de relatar a vida de tantas( nosas) avoas que tiveron que afrontarse a vida con tanta coraxe.
De verdade estou abraiada. Unha aperta e ata a próxima. Pili