A Carminha

A Carminha é unha dorna de case cen anos.

O seu primer dono fora o Señor José.

O Señor José, pescaba xoubas do xeito.

Erguíase pola mañán ben cedo, pra ires á lusada. Emparellaba a súa dorna e ía cara o canal, na zona entre A Pobra e o Cabodeiro. Este era o seu lugar predilecto, dicía que por alí paseábanse prariba ou prabaixo (dependendo da marea), tódalas xoubas da Ría.

Perto de A Proba, baixaba a vela, cunha man largaba a peza do xeito, mentres que ca outra boghaba en dirección ó Cabodeiro, ó mesmo tempo mantiña nos beizos o seu celtas sen filtro. A rede, convertíase nun muro no medio do canal, e as pobres xoubas que hoxe ían cara Cortegada, prendían as súas cabeciñas no enmallado.

―¡Xa veñen as ghavotas!, ¡terei que recolle-lo aparello! ― Pensaba.

Tiraba da peza, e agarimosamente collía unha a unha cada xouba, con coidado de non degoiala. Despois, na patela, púñaas, ben ordenadiñas, de xeito que non se machucaran unhas cas outras. Ás derradeiras, ás da peza de rabo, deixábaas aparte para o seu propio consumo, levaban máis tempo mortas e estaban máis desangradas, a el gorentábanlle estas.

O Señor José ó xubilarse, vendeu a súa dorniña, ó Baltasar.

O Baltasar era un auténtico carcamán. O primeiro que fixo, foi modernizala. Tirou ca vela e a vara de portar, e púxolle un motor de 100 cabalos. Os remos deixounos, non fora ser que un día quedara tirado. ¡Hai que previr! ―pensaba el―.

Adicouse a piratería principalmente. Primeiro foi un furtivo da vieira. A cotío rifaba cos veciños, e non ghanaba moitos cartos, así que pasouse ó tabaco. Era o rei das bateas (de WHINSTON por suposto). Despois deu o gran salto ó contrabando de drogha, desexaba máis diñeiro….

Hai tempo que non está na Arousa, pois rematou no cárcere de A Lama. E a súa muller vendeu a Carminha a A.C.D.  Dorna da Arousa. Unha escola de vela que está a recuperar as embarcións tradicionais da Ría pra poñelas en uso de novo.

A Carminha agora, está sempre moi arregladiña, en inverno durme nunha antiga fábrica de Vilaxoán, e os socios da escola, límpanlle o arneirón, líxana, píntana e vixíanlle as fendas no tingladillo.

No verán desprega a súa preciosa vela laranxa, e coqueta, surca a Ría de Arousa, na compaña de mozos e mozas enzoufados de factor 40, que fuman pitillos con filtro, mentres cantan ¡Ai veñen as dornas do xeito…! ¡pescando sardiñas a eito!…

A Carminha como nos seus primeiros tempos, volve ser feliz…

 

Advertisements

2 responses to “A Carminha

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: