O traxe de noiva galega, é un traxe único.
Primeiramente, a Costureiriña, que xa é maior, tivo que se desprazar a Pontevedra, e visitar unha tenda que ten 107 anos, onde a súa aboa xa mercaba nela. A tenda ten un longo mostrador de madeira perfectamente encerado, rodeado de estantes cheos de tecidos de cores.
Alí a Costureiriña, maila futura noiva e a súa nai-irmán, elixen con agarimo as mellores teas…, pano negro da mellor calidade para o mantelo, veludo elegante para o dengue, liño exipcio para a fermosa camisa, guipur branco para a cofia, damasco verde para a saia, por suposto! a xogo coa gaita. Esquecinme de contar que a noiva é un pouco gaiteira!.
Tamén tivo que ir a Cambados, onde hai unha mercería excelente, podes atopar nela, unhas fermosas pasamanerías confeccionadas por unha avezada veciña de A Modia. Nesta ocasión a Carmiña, elixe uns adornos que semellan racimos moi apropiados co espírito da noiva. Despois as puntillas de Camariñas en branco roto, (no tempo da aboa eran crúas)… co entredós a xogo, converterán as enaguas nunha obra de arte, sen menosprezar as puntillas brancas que engalanarán a camisa…
O traxe de noiva xa está no ar, e leva a música incorporada, sona como A Alborada de Corcubión.
13 Xullo 2011 at 11:45 am
¿Casas?, ¡¡casas!!. Hai meu deus; casa!!!.
13 Xullo 2011 at 12:13 pm
encántame!! din por ahí que vas encargar un traxe rexional!! paréceme unha idea estupenda.. vas estar lindísima. Gustame moito o teu relato.. moito.. muak
14 Xullo 2011 at 6:18 am
Belen que ese chico de la Illa de Arousa te tiene muy enamorada que ya estamos con los preparativos!!
14 Xullo 2011 at 7:00 am
UFFF canta casamenteira por aquí!!!
14 Xullo 2011 at 7:34 am
Que? como? cuando? yo este año ya no tengo para regalos………. me encantaaaaaaa
14 Xullo 2011 at 7:39 am
Eu quixera ver unha foto do traxe.
Podome imaxinar a gaiteira con un mozo rockero; se esto fora posible eu quero estar presente diante do xuez ,alcalde…………que oficie a ceremonia, nunha carballeira ,con pulpeira incluida.
4 Agosto 2011 at 6:57 pm
moi ben contado