Ameneiro, freixo, salgueiro,
ameneiro, freixo, salgueiro,
salgueiro, freixo, ameneiro,
OHH sanguiño, non “ritma” pero tamén está ahí.
(Ao fin a música regresou a miña testa – pensa).
– Este cal é?
– Ameneiro.
– E este?
– Salgueiro.
– E este?
– Salgueiro.
– Non trabúcaste! é freixo.
– É igual! as cousas que non se utilizan esquécense – di.
Braña, braña, braña,
braña, braña , braña,
braña, xesta, braña,
auga doce auga salgada.
Insua de ratos, insua de Bexo
concellos divididos…
E vexo Bexo,
e tamén vexo
Vacariza (con V de vaca-cións )
O mar vello o río novo,
e o río “bello”…
provincias divididas…
Dúas torres senteito,
baixo a ponte,
refúxianse do frío
e as algas do mar
toman baños de sol,
á beira do río.
Cara Pontevedra,
o drakar bornea,
e a moto voando
por Coruña o rodea.
Nas telleiras do Vilar,
pas possible!! non fisgar.
Ameneiro, freixo, salgueiro,
ameneiro, freixo, salgueiro,
salgueiro, freixo, sabugueiro,
NON! sabugueiro non!, deses non hai eiquí.
21 Xullo 2014 at 10:55 am
Lindos versos pensamento do paseo!
24 Agosto 2014 at 10:33 pm
Tinhas razón, ía desfrutar o artigo que fixeches.
Mágoa que non ande o teu mail por aqui, deixoche o meu por se a túa amiga catalana me quere manda-la foto que prometeu enviarme e quedou en auga de borrajas – xa son malas as borrajas, imaxina-te a auga!!-
Saudos doutro depilador de sardinhas. -o meu truco para non quentalas era meté-la man en auga con xeo e sal entre sardinha e sardinha, esta lección non cha cobro-.
Unha aperta, o xudeu torturado polos nazis. Vémonos por san pedro e se miras unha xanela decorada cun denantes mortos que escravos, timbra se hai luz e tomamos café.
Beijos pa!
9 Xaneiro 2015 at 6:34 pm
O sangriño (chámase así onde eu son) sangra cando se corta como se chorara sangre
PD:Precisaba saber como funciona a Gastrobvac… Axúdame!